IV Andaina de Moreiras

Publicada o 10 octubre, 2016

Fiel a súa cita, a andaina foi a protagonista do día de onte en Moreiras. O domingo espertou nubrado aínda que as previsións auguraban unha xornada tranquila no que a meteoroloxía se refire. Por primeira vez o número de inscritos superaba os trescentos, todo un éxito tendo en conta da “xuventude” da nosa proba e as limitacións propias da Asociación de Veciños para afrontar retos desta magnitude. Pero está claro que o noso equipo lle gustan os desafíos importantes.

Moitas caras coñecidas entre os participantes, algunhas asiduas desde que no 2013 celebramos a primeira edición da andaina, pero tamén caras novas e mocidade, o que ven a corroborar o bo estado de saúde da andaina.

O trazado do percorrido era por primeira vez o do que, en breve, será o PR-G 186 e que incorpora algunhas variacións con respecto a edicións anteriores. A sinalización cremos que estivo por encima do que vén sendo habitual neste tipo de eventos e os avituallamentos, 4 en total, foron exhaustivos co control dos participantes.

Para finalizar, este ano cambiamos de menú, o churrasco foi substituído por carne ao caldeiro, carne que compartida con todos vós, sóubonos como nunca na vida.

Esperámosvos o ano que vén!

Podedes ver as fotos da Andaina no noso grupo de facebook pulsando sobre esta ligazón

Entradas relacionadas

A Andaina de Moreiras fiel a súa cita As escuras predicións meteorolóxicas non impedirons que máis de duascentas cincuenta persoas se deran cita na Casa da Cultura de Moreiras o domingo, d...
IV Andaina de Moreiras O día 9 de outubro celebraráse a IV Andaina de Moreiras, un evento deportivo no que cada ano contamos cun maior número de participantes. Na proba, org...
 
 
Contactar por e-mail Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss