A biblioteca

Durante os últimos anos, a biblioteca da Casa da Cultura experimentou un importante cambio que a día de hoxe vese reflectido tanto no espazo adicado á mesma, como na cantidade e calidade dos libros e no número de usuarios. Este último é o dato máis salientable xa que a biblioteca só ten sentido se o número de lectores fai viable a importante inversión económica e de tempo que require.

Ampliación de contidos

Dun tempo a esta parte, os fondos da biblioteca aumentaron de forma importante grazas a doazóns particulares, e a realizada por Abanca que nos cedeu case que 1400 libros. A isto hai que sumar os case cinco mil euros que, en colaboración co Concello de Toén e a Deputación de Ourense, a Asociación de Veciños investirá durante o ano 2016 na ampliación dos contidos da biblioteca e que inclúen novidades como a Trilogía del Baztán, de Dolores Redondo; La isla bajo el mar, de Isabel Allende; El club de los incomprendidos, de Meri ou as trilogías de Los juegos del hambre, de Suzanne Collins e a de Los cazadores de sombras, de Cassandra Clare.

A día de hoxe son máis de 5000 os libros de todo tipo dispoñibles en galego e castelán de lecturas literarias, arte, xeografía, historia, música, filosofía, etc.

Libros de lectura para estudiantes

Se vostede ten fillos en idade escolar, sobre todo os da ESO ou de Bacharelato (12 a 18 anos), comprometémonos a comprar os libros de lectura que lles manden no centro e deixarémosllos en prestamo. Só ten que avisarnos con antelación para que poidamos mercar eses libros e poñelos a súa disposición.

Requisitos

Para usar os nosos fondos o único que ten que facer é ser socio da biblioteca de Moreiras. Pedirémoslle os seus datos como D.N.I., enderezo, teléfono e data de nacemento. Con iso gratuítamente vostede poderá levar ó seu domicilio ata 3 libros de cada vez co so compromiso de devolvelos nun prazo de 15 días en estado similar ó que lle foron entregados. Caso de perdelos ou estropealos deberá abonar o seu prezo. Se eses 15 días non foran suficientes poderíaselle renovar o préstamo por outros 15.
Poden facerse socios cantos queiran no seu domicilio, sexan maiores de idade ou non.
Por último queremos que sexan conscientes de que poñer estes libros ó servizo do pobo de Moreiras foi posible grazas ó traballo de moitos días para informatizar esta nosa biblioteca. A mellor recompensa para os que fixemos o traballo e que vostedes usen este servizo.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio