A igualdade no noso Concello

O pasado martes, día 29 de outubro, a Casa de Cultura de Moreiras acolleu unha reunión sobre igualdade na que participaron diversas asociacións do noso Concello.

Nesta reunión os asistentes debateron acerca dos puntos débiles da igualdade (social e de xénero) no noso Concello e cales serían as medidas máis adecuadas para avanzar neste senso.

Asociacionismo, cultura, traballo e conciliación laboral, violencia de xénero ou reparto das tarefas do fogar, foron algúns campos sobre os que xirou a reunión, unha interesante iniciativa que creemos podería extenderse a outros eidos de debate.

E ti que crees?

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio