Asemblea Extraordinaria – Novembro 2013

O sábado, día 23 de novembro, a Comunidade de Montes en man común Moreiras-Trelle celebrará unha nova asemblea para decidir cal será o futuro de dos terreos do psiquiátrico.

Durante a asemblea e antes de prodecer a votación sobre  o cambio de etiqueta,  presentarase aos asistentes o informe xurídico elaborado por Don José Manuel Orbán.

Unha vez máis, debido á importancia do tema a tratar, solicitamos a participación de todos os comuneiros e comuneiras de Moreiras e Trelle, a fin de conseguir a mellor solución para o patrimonio dos nosos pobos.

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio