“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Publicada o 8 octubre, 2014

Falamos con Juan Canal, concelleiro de Anova e impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

De ti parte a idea de crear unha iniciativa solidaria para axudar ás persoas máis desfavorecidas do Concello, ¿Por qué?

Hoxe estamos a vivir unha etapa de emerxencia social, recortes en servizos básicos como sanidade e educación, paro xuvenil por riba do 50%, impostos cada vez máis altos, desafiuzamentos, falan estudios internacionais da malnutrición infantil equiparándose a países coma Romanía, etc…, polo tanto é o momento da mobilización da sociedade, esta iniciativa non é máis que un reflexo do que a propia xente demanda, porque a política precisamente ten que atender as necesidades básicas das persoas, non as multinacionais da especulación e os poderes fácticos, que son os que actualmente dirixen as políticas dos estados, é o momento de que a xente tome o control e esta iniciativa vai nesa dirección, a sociedade como o motor do cambio fronte as políticas despiadadas dos mercados.

¿Cómo recibiron a túa proposta o grupo de goberno e demáis grupos políticos do Concello?

Ben, teño que dicir que o apoio foi total dende o plantexamento da iniciativa, cada un dos grupos aportaron as súas propostas de mellora e polo tanto teño que valorar positivamente a actitude dos grupos da corporación.

E os demáis participantes na iniciativa (Asociacións de Veciños, Protección Civil…)

Son os verdadeiros protagonistas desta idea, sen eles quedaría todo nunha mera proposta, salientar a colaboración, como ben mencionas,  das asociacións veciñais do Concello, protección civil, a traballadora social, Olga, e Mariví, que é a que nos guía e a que está levando o peso da asociación, non me quero esquecer  da labor levada a cabo polos veciños e veciñas de Trellerma co 1º Mercadiño solidario, o meu recoñecemento a todos eles.

¿Crees que Toén Solidario é unha iniciativa de longo percorrido?

Está nas nosas mans, eu desexo que si, que esta iniciativa debe manterse no tempo, cando xogas con un concepto como é a solidaridade, as posibilidades de éxito son grandes, polo tanto temos que implicar aos veciños e veciñas de Toén para que esta asociación se asente de xeito permanente, agora temos a base e sabemos que nos queda o máis difícil, pero poremos todo da nosa parte para que sexa unha asociación con un “longo percorrido”.

¿Os organismos públicos están a facer o suficiente neste ámbito?

Non, rotundamente non.  O Goberno está interesado en desenterrar a beneficiencia do vello réxime, un exemplo e a difusión de programas de televisión na cadea pública que tratan de suplantar o labor que debería desempeñar a Administración. Se tiveran un pouco de sensibilidade neste tema, enfocaríano dende outra perspectiva e lamentablemente hoxe parece que están noutros intereses.

 
 
Contactar por e-mail Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss