PRG 186 Moreiras-Concello de Toén

Publicada o 23 junio, 2015

Durante os últimos anos a nosa andaina deu a coñecer o pobo de Moreiras a moita xente polo que, no seu momento, plantexámonos a posibilidade de transformala nun PRG. Isto quere dicir que será una ruta que permanecerá marcada indefinidamente e en consecuencia calquera poderá facela cando lle apeteza. Isto non quita que nós sigamos a facer a nosa andaina cada ano.

Un PR é una ruta de pequeno percorrido (inferior a 50 kms.) e en España levan una letra a maiores que indica a Comunidade Autónoma á que pertencen. No caso de Galicia é o “G”. Para crealo compre seguir as instruccións ó márcalo e no trazado que supervisa a Federación Galega de Montañismo. Así queda a ruta homologada a nivel Galego, de España e Europeo.

Este tipo de rutas facilitan que en calquera día do ano poida haber sendeiristas facendo estes PRG e nós, debido á nosa proximidade a Ourense e ás zonas máis poboadas da provincia, esperamos contar con moitos usuarios. Os PR que hai na nosa provincia están todos, agás o noso, lonxe da capital. O seu nome completo é o que figura no título desta información.

 
 
Contactar por e-mail Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss