“Toda a andaina é unha gozada”

Publicada o 8 septiembre, 2014

Visto o éxito de participación da pasada edición da andaina e tendo en conta que este ano a proba celebrase en domingo ¿qué expectativas tes neste apartado?

Creo  que a participación vai igualar cando menos á do ano anterior. Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben. Todo iso xunto dámosllo na andaina de Moreiras  e a xente agradéceo coa súa presenza.

¿Consideras baixa, en relación co total, a participación de persoas do pobo na andaina do ano pasado?

As andainas fanse para toda a xente que quere vir, non só para os do pobo. Noutros lugares a participación dos “autóctonos” tampouco é proporcionalmente maior. A todo isto cómpre engadir que dende o ano pasado observo que en Moreiras a xente sae máis a andar. As cousas hai que poñelas en valor,  e ver o éxito da andaina do ano pasado fixo que a xente do pobo empezase a pensar que iso de andar non é cousa de tolos senón que é algo bon para a saúde que podemos practicar todos. Por iso os concellos deben potenciar este deporte que por parecer tan básico non se inviste diñeiro en potencialo.

¿Crees que o éxito da edición do ano pasado pode influir para que este ano se anime máis xente do pobo a participar?

A xente do pobo agora xa ve que o que foi bon para os de fóra tamén o será para eles. Ninguén cría que tomaran a saída 243 persoas na nosa andaina o ano pasado. Pensaban que andar 10 km era una barbaridade. Todo iso cambiou e estou seguro de que a participación dos do pobo será superior á de 2013.

O cambio de percorrido ¿qué valor añadido lle da a esta edición da andaina respecto a do pasado ano?

Repetir o percorrido do ano pasado sería o que menos traballo nos daría. Pero a xente que fixo a andaina o ano pasado non vería nada novo e temos moito que ensinar anque pareza que non. Por outra banda cambiar o percorrido tamén supón ter moitos máis camiños habilitados para andar. Este foi un dos motivos de que a andaina de 2014 teña máis dun 80% renovado con respecto á de 2013.

¿Cánto tempo e kilómetros che levou preparar o percorrido da II Andaina de Moreiras?

Por sorte para min teño moito tempo libre e dedico a andar una boa parte del. Dende que fixemos a andaina de 2013 a miña cabeza  xa estaba matinando na súa renovación, buscando camiños novos e agradables para andar. Tiven a sorte de falar cun compañeiro de andainas de outros lugares que ten casa en Mugares. Él foi o que me ensinou o tramo máis bonito desta andaina. Toda a andaina é una gozada, pero o tramo que me ensinou o Manolo é o mellor. Tamén lle teño que agradecer o seu apoio ó Concello na limpeza dos camiños e, o máis importante, un grande agradecemento  a  toda a directiva da Asociación de Vecinos de Moreiras que colaboraron e colaborarán sen excepción para que  as andainas de Moreiras sexan un éxito.

Crees que o estado dos camiños perxudica a práctica continuada do sendeirismo no Concello?

Unha das  rentabilidades dunha andaina consiste en que quedan limpos moitos camiños. Creo que a andaina de 2014 debería transformarse nunha ruta homologada, nun PRG,  que o Concello debería manter limpo todo o ano para facilitar que a xente coidara a súa saúde andando. Cos  3 percorridos que inclúe permitiríalle á xente facer rutas moi diversas, máis cortas ou máis largas.

 
 
Contactar por e-mail Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss