Comer si, tirar non.

Publicada o 26 julio, 2018

Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano, é dicir, 1.300 millóns de toneladas anuais, acaban desperdiciadas, unha cantidade que sería suficiente para alimentar a 2.000 millóns de persoas.

No ámbito comunitario, e segundo estimacións da Comisión Europea, pérdense ou desperdícianse ao ano 89 millóns de toneladas de alimentos, o que se traduce en 179 quilos por habitante, un fenómeno que provoca a emisión 170 millóns de toneladas de CO2 e require o uso de 26 millóns de toneladas de recursos.

Se o desperdicio alimentario fose un país, sería o terceiro maior emisor de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro), tras EEUU e China.

Ao longo da cadea agroalimentaria pérdese entre un 30% e un 50% de alimentos sans e comestibles que poderían ser aproveitados. 

O fogar contribúe ao desperdicio alimentario cun 42%, correspondéndose o resto ás etapas de fabricación (39%) , distribución (5%) e restauración (14%)

Nos fogares españois, o 80% dos comestibles refugados tíranse ao lixo tal e como se compraron e o 20% tralo seu procesado, é dicir, son sobras. O 48,1% dos comestibles que se tiran son froitas, verduras e pan fresco.

O Parlamento Europeo propuxo reducir nun 30% o desperdicio de alimentos para 2025 e nun 50% para 2030. 

Súmate a este reto!!

QUE FACER

  1. Crea un menú semanal e, en función do mesmo, elabora unha lista da compra na que se inclúa unicamente o necesario.
  2. Comproba o estado da despensa e a neveira, reordena os produtos para consumir antes aqueles con maior risco de acabar perdéndose e ten presente que os alimentos “feos” teñen as mesmas propiedades nutritivas que os “guapos”.
  3. Diferenza entre data de caducidade (momento a partir do cal o alimento pode presentar problemas de seguridade alimentaria e risco para a saúde) e data de consumo preferente (momento a partir do cal o alimento pode sufrir perdas de cualidades tales como textura e sabor, pero sen supoñer ameaza para a saúde).
  4. Dá preferencia aos produtos frescos, locais e de tempada. Contribuirás a xerar emprego local e a diminuír as emisións de CO2 derivadas do transporte.
  5. Axusta as racións ao número de comensais e, se sobra comida que non vas poder consumir, reparte o stock entre os invitados.
  6. Pide as sobras nos restaurantes. Non debes avergoñarte por isto. Trátase de racións que pagas e que che corresponden.
  7. Conxela os alimentos antes de que se estraguen e aproveita os sobrantes para elaborar novas receitas gastronómicas.
  8. Sé solidario: doa comida en bo estado a bancos de alimentos e organizacións sociais para axudar aos máis necesitados. 
  9. Se dispós de horta ou xardín, os restos orgánicos non comestibles poden converterse nun abono natural con extraordinarias propiedades para o solo.
  10. Recorda: a comida é un ben valioso que non está ao alcance de todo o mundo. Respéctaa, consérvaa e compártea, pero xamais a tires.

Fonte: SOGAMA

Contactar por e-mail Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss