Iª Andaina de Moreiras

Publicada o 19 junio, 2013

O sábado, día doce  de outubro, celebrarase a primeira edición da Andaina de Moreiras,  unha iniciativa da Asociación de Veciños que pretende que coñezades os lugares máis senlleiros do pobo e arredores así como a natureza que nos rodea.

Son de destacar en canto a esta os érbedos que antes de chegar a praga das mimosas se utilizaban para facer estacas para as viñas, e as sobreiras das que veredes fermosos exemprares ó longo do percorrido.

En canto ós lugares destacados sinalaremos a ermida de San Bieito de Cova do Lobo, o Penedo dos Tangaraños (Ten no mesmo unha pía de auga
permanente onde se desentangarañaba ós nenos),

Tamén cabe destacar os pobos de As Airas, Trelle e Trellerma, o Siquiátrico de Moreiras de grande extensión e en estado de semiabandono na actualidade, e para rematar, a impresionante igrexa barroca de San Pedro de Moreiras xunto co seu casco urbán no que poderedes observar os mellores exemplos de arquitectura popular.

A andaina, que partirá da praza ás 9:30 horas, terá un percorrido total de 25 quilómetros divididos en dous tramos, o primeiro de 10 quilómetros e  o segundo de quince.

Ó finalizar a andaina, os participantes poderán degustar un máis que merecido churrasco.

REGULAMENTO

1.- Dirección da proba:
Voluntarios/as da Asociación de veciños.

2.- Inscrición
Do día 19 de agosto ao 9 de outubro.

Mediante ingreso na conta 0046 0060 1100 0002 7322 (Banco Gallego). Neste caso deberedes enviarnos o xustificante de pago xunto cunha copia do DNI á dirección andaina@moreiras.org ou o fax 988 261 272.

No Concello de Toén (Rúa Ribadela 1) Teléfono: 988 261 074

En Redonet (Rúa Ervedelo 21, 32002 Ourense) Teléfono: 988 222 0692 Fax: 988 225 0960

O número máximo de participantes é de 200.

O prezo da inscrición será de 7 euros e dará dereito a avituallamento líquido e sólido e, ó rematar a proba, churrasco e bebidas.

3.- Saída
Tódolos participantes deberán estar ás 9 diante da Casa da Cultura onde se lle entregarán os dorsais ós que non o teñan xa e máis o tiket que dá dereito a participar na churrascada.
Será obrigatorio levar o dorsal posto durante toda a andaina para poder participar xa que é o elemento imprescidible para levar un control da proba.

4.- Itinerario:
Estará perfectamente sinalizado dende a saída ata a meta. Ó chegar ó kilómetro 9 (aprox.) hay un desvío sinalizado cara Moreiras para os que non desexen continuar. O resto poderá seguir ata o remate da proba de 25 Kms.

Recoméndase a todos que midan as súas forzas. A andaina é fácil pero para facela enteira cómpre ter certo entrenamento.

5.- Avituallamentos:
Haberá dous puntos de avituallamentos líquidos nos quilometros 8 e 20 e un punto de avituallamento líquido e de froita no quilómetro 15.

6.- Controis:
Estarán situados nos puntos de avituallamento polos que é
obligatorio pasar e acreditarse.

7.- Observacións: Se en calquera momento da proba algún/ha participante se amosa canso ou sofre algunha lesión de importancia, debe comunicalo a outro participante ou, se é posible, achegarse ó control máis próximo.

A organización disporá dun servizo de controis itinerantes para solucionar este tipo de problemas. É recomendable que os participantes dispoñan de unha licencia federativa ou conten cun seguro para o suposto de calquera accidente ó longo do percorrido.

O responsable de control e os camiñantes escoba poderán retirar da proba a calquera participante se consideran que o seu estado físico así o aconsella ou se vai máis lento do que consideran normal.

8.- Responsabilidades
A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.

Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Contactar por e-mail Asociación de Veciños de Moreiras en Facebook Asociación de Veciños de Moreiras en Twitter Seguir por rss