III Andaina de Moreiras

Despois do éxito obtido nas duas edicións anteriores, e facendo bo o dito “non hai duas sen tres” o día 11 de outubro celebrarase a terceira edición da Andaina de Moreiras. Na proba, organizada por a Asociación de Veciños de San Pedro de Moreiras, colaboran, como xa fixeran nas anteriores edicións, Redonet, Coca-Cola, o Concello de Toén e Protección Civil de Toén

Esta terceira Andaina mantén o itinerario da pasada edición transcurrindo por lugares que, os que participedes por primeira vez, non podíades imaxinar que houbera por aquí, tanto polas formacións xeolóxicas que poderedes contemplar como polo tipo de bosque, espeso e sombrio nunhos casos e sempre variado. O asfalto será o imprescindible para atravesar os pobos.

Sairemos de Moreiras onde poderedes contemplar a súa igrexa e arquitectura popular. Pasaremos por Mugares onde destacan a súa igrexa do século XVI, a casa reitoral, a fonte medieval e un pombal espectacular, continuaremos por Fondon, Toén, Trellerma e Trelle para rematar de novo en Moreiras.

DATOS TÉCNICOS

DATA
11 de outubro de 2015

ENTREGA DE DORSAIS
8.15 horas na Casa de Cultura de Moreiras

SAÍDA
9:00 Horas – Casa de Cultura de Moreiras

PERCORRIDO
Un circuito principal de 27 quilómetros que, con con dous circuitos alternativos de 14 e 21 quilómetros, percorre Moreiras, Mugares, Fondón, Toén, Trellerma e Trelle.

DIFICULTADE
Media/Alta

NÚMERO MÁXIMO DE PARTICIPANTES
400

INSCRICIÓN
Prezo: 10 €. Inclue a participación na churrascada que se celebrará despois da proba.
Prazo inscrición: Até o día 7 de outubro as 14:00 h.
Banco Sabadell Cta. ES98 0081 2167 8800 0600 6511 enviando xustificante do ingreso e copia do DNI a andaina@moreiras.org
Redonet
Concello de Toén
Casa de Cultura (Martes/Xoves de 15:30 a 19:00)

ORGANIZA:
Asociación de Veciños de Moreiras

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio