Tentamos cubrir as necesidades máis básicas e non visibles das persoas do noso entorno.

Falamos con Victoria Iglesias, presidenta de Toén Solidario.

Moitas veces ao falar de solidariedade pensamos en países do terceiro mundo, catástrofes naturais, confrontacións bélicas etc.  con todo non fai falta saír das fronteiras do noso país para atoparnos con casos de extrema necesidade que pasan desapercibidos lonxe das cámaras de televisión ou das cabeceiras dos diarios.
 “A crise tamén chegou a Toén” cóntanos Vitoria Iglesias, e coa crise chega unha iniciativa que, sen dúbida espertará, moitas conciencias.

O primeiro, porque moita xente aínda non coñece esta iniciativa, cóntanos  que é Toén Solidario?
Toén Solidario é un grupo de persoas que comparte o seu tempo para conseguir cubrir as necesidades máis básicas e non visibles das persoas da súa contorna. Somos un grupo unido pola palabra solidariedade.
 
A posta en marcha de Toén Solidario significa que existen bolsas de pobreza no Concello?
Non falamos de bolsas de pobreza, falamos de necesidades, necesidades que neste ano 2014 non son as mesmas que fai dez, doce ou vinte anos, a crise tamén chegou a Toén,  hai necesidades que non se ven a simple vista, pero están aí, hai que mirar.. e atópanse.
Non queremos que ningunha persoa de idade ou ningún neno pase necesidade de algo que entre todos podemos conseguir, dun xeito ou doutro, non só fai falta diñeiro, fai falta solidariedade e empatía.
 
¿Qué grupos, asociacións ou persoas participan en Toén Solidario?
En Toén Solidario participan o Banco de alimentos de Ourense, a Corporación do Concello de Toén, Asociacions Veciñáis e Culturáis, Protección Civil  o C.E.I.P. Saco e Arce,  A.N.P.A., a Escola Infantil e o Centro de Día.
 
Que traballo realiza Toén Solidario?
Ímonos a constituír como Asociación canalizando as necesidades detectadas por todos os grupos indicados anteriormente, ao cubrir tantos campos esperamos chegar a onde nos necesiten.
 
Cales son os produtos dos que  máis demanda tedes?
Detectamos necesidades de enseres domésticos e tamén roupa e calzado.  Soupemos da necesidade dun neno escolarizado en Toén que necesita diñeiro para pagar o tratamento que necesita pois o Sergas non se quere facer cargo do mesmo, a nai está desempregada  necesitan diñeiro,  tentaremos axudalos coa recollida de tapóns, banco de alimentos, ao mellor tamén algunha función para recadar cartos e firmas para enviar ao Sergas.
 
¿Até o de agora cómo ten respostado a vosa iniciativa a xente dos diferentes pobos que forman o Concello?
A primeira proposta que fixemos no Concello tivo unha moi boa acollida por parte dos representantes das distintas Asociacións do Concello, este respaldo levounos a plantexarnos facer a Asociación Toén Solidario, por mor do verán aínda non fixemos moita publicidade  e xa temos 24 me gustas no facebook, e unha recollida de alimentos en Moreiras

Igrexa de San Pedro de Moreiras

Construída no século XVIII,  destaca pola súa fachada de traza renacentista rematada por dúas torres desiguais unidas por unha balaustrada.

“Toda a andaina é unha gozada”

Os andaríns buscamos camiños axeitados, non cortalumes nen asfalto, queremos bosques autóctonos e gústanos comer ben.

A miña aldea

Parece ser que  Valentín Lamas Carvajal tiña dous amigos moi queridos en Moreiras, o abade don Ángel Varela e o mestre Freire , dous amigos aos que visitaba con frecuencia.

“Cando xogas con un concepto como é a solidariedade, as posibilidades de éxito son grandes”

Entrevista con Juan Canal, impulsor primeiro do proxecto Toén Solidario.

© Asociación de Veciños de Moreiras
Bretema Digital Studio - Diseño Web
Brétema Digital Studio